GEOGRAFÍA OURENSANA
El Castillo de Monterrei invita a enviar postales de su entorno
DIVERSAS ACTUACIÓNS
Infesta, a aldea modelo de Monterrei, dará continuidade ao proxecto europeo “Paisactivo-paisaxe cortalume: activación do espazo rural para un territorio resiliente”, que ten como obxectivo reducir a vulnerabilidade do territorio ante o risco de lumes mediante a xestión sostible dos seus terreos agroforestais.
Para iso, asinarase un convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Monterrei, dotado con preto de 259.000 euros. En concreto, levaranse a cabo accións de restauración e mellora paisaxística, como é o caso do camiño paralelo ao río Rubín.
Realizaranse tamén intervencións para a habilitación e a mellora da multifuncionalidade de espazos públicos, coa construción de dúas pontes sobre o río Albarellos, a mellora de firme e pavimentación de vía principal e a praza do Campo; e coa humanización e o acondicionamento da marxe do río Rubín.
Ademais, acometeranse labores de rehabilitación e renovación urbana da aldea, co soterramento de liña eléctrica aérea de iluminación pública e a reforma e humanización na praza da Fonte.
Estas actuacións uniranse a outros avances realizados no marco doutros proxectos Poctep entre Galicia e norte de Portugal, como por exemplo Aldealix, que permitiu a creación dunha comunidade enerxética en Infesta baseada en biomasa.
A Xunta participa no proxecto europeo Interreg Poctep a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. iniciativa Paisactivo, e son socios do mesmo a Comunidade Intermunicipal Tâmega e Sousa, a Universidade de Porto, a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Juana de Vega, a Direção-Geral do Território e o Município de Baião.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GEOGRAFÍA OURENSANA
El Castillo de Monterrei invita a enviar postales de su entorno
ARTISTAS DE TODA EUROPA
Las gaitas lideran en Monterrei el diálogo musical entre culturas
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima