As obras no Castelo de Monterrei avanzan a “bo ritmo” e prevese que rematen en 2026
REHABILITACIÓN DO PATRIMONIO HITÓRICO
A Xunta investiu nas actuacións na maior acrópole de galicia un total de 14 millóns, o 35% dos fondos europeos captados.
Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia, salientou onte no Parlamento galego o “bo ritmo” das obras do Castelo de Monterrei, cun investimento de 14 millóns da Xunta, e que se cumprirán os prazos de execución, co remate previsto para 2026. “A actuación no Castelo converterá este concello nun gran polo de atracción turístico e cultural”, afirmou.
A rehabilitación enmárcase no Plan Nacional turístico Xacobeo Next Generation, dotado de 22,7 millóns para rehabilitar 12 Bens de Interese Turístico (BICs) de titularidade pública, cun 35% dos fondos europeos captados destinándose á restauración estrutural e paisaxística da Acrópole.
Merelles subliñou que no BIC de Monterrei estase actuando en máis de 20.000 metros cadrados, en espazos coma a casa cuartel, o antigo Concello de Monterrei, a Torre de San Francisco e Corpos de Garda e o centro de visitantes, e tamén nos accesos da Porta Sur e Norte e Ronda Oeste e nos terreos da Praza do Mercado, entre outros.
As actuacións teñen como obxectivo que ao seu remate, a cidadanía poida desfrutar de miradoiros, sendeiros e dun incremento da capacidade aloxativa para os visitantes.
PATRIMONIO E TURISMO
A actuación forma parte do proxecto sustentable de mantemento e rehabilitación do patrimonio histórico de uso turístico. No espazo que vai da porta sur onde se atopa o antigo Hospital de Peregrinos, ata a torre da homenaxe, o edificio do cuartel xeral, dotarase co complexo de aloxamento, actividades recreativas e espazos interpretativos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
O SABER NON OCUPA LUGAR
Estudantes dos Blancos e Monterrei, unidos pola ciencia
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SUBSTITUYE A ENRIQUE ÁLVAREZ
La Alcaldía de Vilamartín ya la ocupa Sherezade Núñez
CRUCE DE DECLARACIONES
Giorgia Meloni lanza un mensaje a Donald Trump: “Ni yo ni Italia suplicamos jamás”