GRAN VALOR PATRIMONIAL Y MEDIOAMBIENTAL
“Desastre” en el río Támega tras colapsar una presa milenaria
ZONAS AFECTADAS POR LUMES
Representantes da Cruz Vermella, do Concello de Monterrei e da Comunidade de Montes da Farrapa e Guimarei presentaron onte un proxecto de reforestación con prantas forestais nunha extensión total de 15 hectáreas en montes comunais de Guimarei, para o que se empregarán un total de 16.500 árbores.
Esta iniciativa forma parte do proxecto de fixación de CO2, co que Cruz Vermella Española compensará a súa pegada de carbono a través do Plan +Compensa2, que consta de tres pasos: calcular emisións, reducilas ao mínimo e compensar as emitidas.
Estes montes en man común de Monterrei foron os escollidos, xunto a outras dúas zonas do norte peninsular en Navarra e Palencia, para realizar esta reforestación en 2024, cun investimento con fondos propios por parte de Cruz Vermello de arredor de 100.000 euros.
Durante os meses de decembro e xaneiro deste ano estivéronse preparando os terreos, a metade dos cales está en alta pendente e a outra metade, en baixa, co fin de realizar a prantación esta semana.
A ONG contribúe co proxecto a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. A iniciativa relizouse en convenio coa Comunidade de Montes e en colaboración co Concello de Monterrei, e contou co apoio do Ministerio para la Transcición Ecológica y el Reto Demográfico.
Mañá Cruz Vermella Ourense levará a cabo en Guimarei unha acción de concienciación con voluntarios que axudarán a prantar algunhas das árbores escollidas, como piñeiros do país, sobreiros, aciñeiras, castiñeiros ou carballos negros, entre outras especies.
A reforestación, de tipo mosaico, busca aumentar e mellorar a biodiversidade, tendo en conta os froitos dos que se alimenta a fauna silvestre, así como a pendente e o substrato do solo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GRAN VALOR PATRIMONIAL Y MEDIOAMBIENTAL
“Desastre” en el río Támega tras colapsar una presa milenaria
PROXECTO PAISACTIVO
A veciñanza deseña o futuro de Infesta, a aldea modelo de Monterrei
CANALIZACIÓN ELÉCTRICA
Reguero de grietas y derrumbes en Albarellos por unas filtraciones de agua
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 22 de marzo
BORRASCA THERESE
Ourense registra este domingo la temperatura máxima de España