GEOGRAFÍA OURENSANA
El Castillo de Monterrei invita a enviar postales de su entorno
OBRAS DE HUMANIZACIÓN
A Xunta completará a humanización da travesía de Albarellos, en Monterrei, cun investimento de máis de 1,5 millóns de euros. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, presentou hoxe esta actuación.
Avanzou que no vindeiro mes se licitarán estas obras para poder comezalas neste mesmo verán. Neste sentido, a Xunta prevé que a mediados do próximo ano estea á disposición da veciñanza esta contorna transformada.
A intervención inclúe a construción de dous treitos de senda peonil nesta travesía da estrada OU-143, dando así continuidade ao tramo xa habilitado no ano 2021. Trátase de acadar un itinerario continuo, accesible e máis seguro, ata sumar algo máis de 1,1 quilómetros de lonxitude. Allegue subliñou o obxectivo de incrementar a seguridade nos desprazamentos a pé dos veciños e tamén dos peregrinos, xa que esta zona coincide co paso da Vía da Prata do Camiño de Santiago.
Tamén se acondicionará o firme nesta vía e tras a execución das obras, tramitarase o cambio de titularidade da estrada en favor do Concello. A conselleira remarcou que este proxecto tamén contempla a humanización da contorna, pois colocaranse novos puntos de luz, plantaranse árbores como carballos e sobreiras e disporanse bancos. Concluíu que esta actuación integral dará como resultados un percorrido seguro e sostible para os viandantes e unha área cunha estética renovada e amable, para o desfrute dos veciños e dos visitantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GEOGRAFÍA OURENSANA
El Castillo de Monterrei invita a enviar postales de su entorno
ARTISTAS DE TODA EUROPA
Las gaitas lideran en Monterrei el diálogo musical entre culturas
Lo último
PRIMERA OFICINA
Modelos de IA eluden órdenes de sus creadores en OpenAI
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico