REXENERACIÓN AMBIENTAL
Transición Ecolóxica avanza na reforestación do monte ardido en Monterrei
Día Internacional dos Monumentos e Sitios
A acrópole de Monterrei e a igrexa de Santa María de Mixós, dous dos principais monumentos histórico-artísticos do concello de Monterrei, uniranse nunha nova ruta o vindeiro 18 de abril, venres, en conmemoración do día internacional dos Monumentos e Sitios.
A oficina de Turismo Monterrei propón para ese día un percorrido guiado circular, de arredor de seis quilómetros, co fin de pór en valor ambos monumentos, bens de interese cultural e declarados histórico-artísticos en 1931, xunto coa Catedral de Ourense, o Mosteiro de Celanova, entre outros.
A actividade é totalmente de balde, e partirá ás 11,00 horas dende o cruceiro situado na entrada da Fortaleza. Ao longo da ruta seguirase unha parte do Camiño Mozárabe ata chegar á igrexa de Santa María de Mixós, onde se visitará o interior deste templo prerrománico do século IX.
Esta andaina precisa inscrición previa na oficina de Turismo Monterrei ou no número 988 361 360, que tamén dispón de WhatsApp.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REXENERACIÓN AMBIENTAL
Transición Ecolóxica avanza na reforestación do monte ardido en Monterrei
QUINTA EDICIÓN
Monterrei tiene todo listo para su Festa da Vendima
GEOGRAFÍA OURENSANA
El Castillo de Monterrei invita a enviar postales de su entorno
Lo último