Mercadiño solidario en Porqueirós, Muíños, para axudar a animais da rúa
CONCIENCIACIÓN
O núcleo de Porqueirós, no concello de Muíños, celebrará este sábado o mercadillo solidario "Bótanos unha man" para axudar a cans e gatos da rúa
O campo da feira de Porqueirós, en Muíños, albergará este Sábado Santo un mercadiño solidario para recadar fondos para os cans e gatos da rúa, esterelizalos e coidar das colonias felinas.
Tamén se recollerán alimentos para os animais, como piensos e comida húmeda, e doazóns doutros produtos. Os voluntarios darán información sobre a lei de benestar animal e concienciarán sobre boas prácticas coas mascotas.
O mercado ofrecerá produtos de segunda man cedidos por veciños de Lobios e Muíños, con artigos de decoración, prantas, prendas de vestir, roupa de nenos, cadros, artesanía, libros, discos, calzado ou bisutería a prezos económicos.
Tamén haberá pulpo do Pucho de Xinzo de Limia e máis churrasco, así como un photocall rústico para tódalas persoas que se acheguen, e un burriño que fará as delicias da cativada e amosará a este animal a todos os que se acheguen.
Horario
O horario será de 12,00 a 20,00 horas, e en caso de chuvia trasladarase á antiga escola de Porqueirós. Organizan a Asociación de Veciños de Porqueirós e a Asociación de Augas “Virxe da Aparecida”, e colabora o Concello de Muíños, así como diversos negocios, asociacións e empresas da comarca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Comida do Galo Pica No Chan e do Becerro do Xurés ao Espeto
La tradición de Muíños citó a cerca de mil comensales
TRASLADADA EN HELICÓPTERO
Una menor herida grave al ser impactada por una carrilana en el Descenso de Carrilanas de Muíños
SALUD EN VERANO
Pilates al aire libre, terapia contra el calor en Muíños
Lo último
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El retiro dorado
PREDICCIÓN METEOROLÓGICA
La estadística sugiere que no habrá nubes el día del eclipse
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 5 de agosto