Miguel Anxo Fernán Vello obtén o VI Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán
GALA BENÉFICA
O poema e dramaturgo gañou o premio da Fundación Florencio Delgado Gurriarán, dotado con 3.000 euros, polo seu poema “A porta da casa que se abre”
Valdeorras viviu este sábado unha velada chea de poesía da man da Fundación Florencio Delgado Gurriarán. O teatro Lauro Olmo do Barco acolleu onte unha gala benéfica que culminou coa entrega da sexta edición do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán a Miguel Anxo Fernán Vello polo seu poema “A porta da casa que se abre”
O poeta, dramaturgo, pintor e editor, nado en Cospeito en 1958, recolleu o galardón, dotado con 3.000 euros, despois de ser escollido polo xurado pola súa “profundidade, capacidade lírica e imaxes que espertan a sensibilidade do lector”. Os outros finalistas foron os poemas “A Casa de barro”, de Cristina Ferreiro, e “Deixará de pasar algún día”, de Saray Rodríguez Pérez.
A poesía foi o fío condutor dunha gala que por vez primeira cobrou entrada para destinar a recadación a proxectos de restauración da flora e fauna nos montes valdeorreses afectados polos lumes forestais deste verán. O evento estivo conducido pola actriz Iria Pinheiro, acompañada en escena polo músico e artista Davide González.
Encontro en Petín
A praza Doutor Quiroga de Petín acollerá este domingo, ás 12,30 horas, un encontro poético-musical ao que acudirán os finalistas e xurado do Premio, e no que terá a súa estrea Nadel, unha nova asociación cultural valdeorresa que aposta por “sementar futuro en galego”.
A súa proposta en Petín é “poesía frigorífica”, imáns con versos dos poetas do Premio que a xente poderá levar unha vez superados algúns xogos relacionados cos autores da comarca. Ás 13,00 horas dará un concerto o grupo quirogués Mario Colomán & The Clocks Band.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DELITO CONTRA LA SALUD PÚBLICA
Detenido en A Rúa un vecino de O Barco con 50 gramos de cocaína
"VINDE TODAS"
El De Perto llenó O Malecón con “Dous ollos de vidro”
Lo último
MEDIDAS ANTICRISIS
Las ayudas para fertilizantes se pagarán desde septiembre
La Región
Ceuta: Cárcel En una tierra africana
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 4 de agosto
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto