MODERNIZACIÓN DEL ESPACIO
La Plaza de Abastos de O Carballiño entra en su proceso de reforma
CULTURA TECNOLÓGICA
O vindeiro luns 28 de abril, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura do Carballiño acollerá unha xornada informativa gratuita dirixida a pequenas e medianas empresas (pemes) e persoas autónomas, enmarcada no Proxecto AceleraPyme. O evento está organizado polo Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego do Carballiño, en colaboración coa Oficina Acelera Pyme da Deputación de Ourense e co apoio do Concello do Carballiño.
Durante a xornada trataranse temas clave para o tecido empresarial local, como a factura electrónica, obrigas fiscais e legais para autónomos, o programa Kit Dixital e outras axudas á dixitalización.
O principal obxectivo é achegar a transformación dixital ás pemes e autónomos, ofrecéndolles información útil sobre ferramentas e subvencións dispoñibles a través dos fondos europeos Next Generation EU. As persoas interesadas poden obter máis información a través do correo carballino@polosemprendemento.gal ou no teléfono 602 501 300.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MODERNIZACIÓN DEL ESPACIO
La Plaza de Abastos de O Carballiño entra en su proceso de reforma
NOCHE DE ESTRENO
O Carballiño y el Celta de Vigo estrenan su nuevo documental
Lo último