POLÍTICA NO ADSCRITA
Sofía García mantendrá el acta de edil tras dejar el BNG en O Carballiño
Cine de barrio
O barrio de Flores volverá converterse este verán nun espazo de encontro arredor do mellor cine galego e internacional grazas á celebración dunha nova edición de “Flores de Cine”, un ciclo que conta unha vez máis coa colaboración da Filmoteca de Galicia e co apoio do Concello do Carballiño.
Durante tres noites consecutivas da vindeira semana, os días 15, 16 e 17 de xullo, ás 22,30 horas, a veciñanza poderá gozar de cine ao aire libre, ao carón da Bodega do Barrio de Flores, nunha cita xa consolidada na axenda cultural do verán carballiñés. A entrada é libre ata completar aforo.
A programación deste ano arrinca o martes 15 coa proxección de “Tralas luces”, de Sandra Sánchez. O filme mergúllase na vida de Lourdes, unha muller que percorre Galicia de feira en feira co seu negocio de coches de choque, ofrecendo unha ollada íntima e elegante sobre o oficio e a vida itinerante.
O mércores 16 será a quenda de “Rock Bottom”, cinta de animación inspirada na figura do músico británico Robert Wyatt, fundador da banda Soft Machine. O filme, nominado aos Premios Goya, destaca pola súa coidada estética e polo seu profundo amor pola música.
O xoves 17, pechará o ciclo a proxección de “La marsellesa de los borrachos”, de Pablo Gil, unha obra estreada en 2024 que recupera unha viaxe de antropólogos italianos en 1961 para recompilar cancións populares antifranquistas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POLÍTICA NO ADSCRITA
Sofía García mantendrá el acta de edil tras dejar el BNG en O Carballiño
PREVIA DE SEMANA SANTA
Galería | O Carballiño invita a vivir una Semana Santa especial
POESÍA E NATUREZA
A Insua dos Poetas, no Carballiño, recibe a primavera
URBANISMO LOCAL
La comarca de Carballiño perfila su estrategia cara al futuro
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Jueves, 26 de marzo
BALONCESTO FEMENINO
El primer brindis de Suso Garrido por el Ensino