Francisco Valeiras: “Os malos momentos deixan huella, pero a maioría foron moi bos”

POLICÍA LOCAL

Francisco Valeiras vén de xubilarse tras 34 anos como Policía Local do Carballiño, os últimos como xefe do servizo. Testemuña de épocas moi diferentes, lembra tanto os episodios máis duros como os máis satisfactorios

Francisco Valeiras.
Francisco Valeiras.

Pregunta.Como evolucionou a vila?

Respuesta.A comezos dos 90 había un problema de inseguridade cidadá tremenda. Igual un venres tiñamos sete ou oito coches reventados, con ventás rotas para roubar, e roubos en vivendas. Había unha comunidade grande de toxicómanos e había luns que nos presentabamos no xulgado con sete ou oito detidos. Moita xente non o recorda xa, pero eu sí porque a min morréronme dous detidos no calabozo nun mes. Eran delincuentes comúns, detidos por tráfico de estupefacientes. Non está escrito na historia negra do Carballiño, pero na miña cabeza sí, porque foi un dos episodios mais tráxicos que viviu a Policía Local.

P.Foi un dos peores momentos?

R.Foron mais os momentos bos, pero os malos deixan unha huella imborrable. Marcoume moito o de un rapaz que desaparecera no río Arenteiro, e despois de horas buscando topeino eu á noite no fondo do río. Meu pai, que era entrenador de fútbol dicía “non hai nada comparable á soidade dun porteiro ante un penalti”. Pero eu fun porteiro, e a soidade dun policía cando chega a casa tras topar a un neno de catorce anos no fondo do río non ten nada que ver.

P.E os mellores?

R.A maioría foron moi bos. Cando un cidadán ten un problema e ti lle das solución, iso xa é un bo momento. Cos compañeiros e cos veciños gardo por riba de todo lembranzas positivas. Penso que sacar os problemas adiante está moi por encima de outras cousas. Ás veces a desidia e a lentitude fan que o cidadán sexa vítima dunha administración demasiado lenta.

P.Traballou con varios alcaldes, como foi a relación?

R.Non vou dar nomes pero houbo momentos nos que non se lle prestaba atención á Policía Local e outros nos que sí. Antes traballabamos con buscas, e só che quedaba impoñer respecto. Hoxe temos mais medios e persoal, pero aínda así hai que botar unha man para que non colapse. Carballiño ten un verán con moita actividade, na Festa do Pulpo sacamos seis patrullas á rúa, e ten servizo 24 horas, cun mando único, que era eu.

P.Como ve O Carballiño de hoxe?

R.Eu resaltaría o que se avanzou na regulación do tráfico e tamén en seguridade. É unha vila en crecemento, ten que ter conflitos propios dunha cidade, e hai que educar ao cidadán nese sentido, pero non é insegura.

P.Que botará de menos?

R.Moitas cousas, pero é un traballo que invade a tua vida persoal de modo constante. Polo de agora terei o telefono operativo, pero hai que deixar paso á xente nova e dedicareime a cousas pendentes, á miña paixón pola natureza e os animais e pasar mais tempo ca miña parella.

Contenido patrocinado

stats