Iria Sobrado impactou coa súa obra “Corazón”

VIOLENCIA DE XÉNERO

Iria Sobrado leva o teatro á Praza de Abastos de Carballiño coa súa obra “Corazón”, abordando a violencia de xénero dun xeito impactante e innovador

Praceiros e clientes desfrutaron da obra.
Praceiros e clientes desfrutaron da obra.

A actriz Iria Sobrado, coñecida pola súa participación en series como Rapa, A lei de Santos ou Viradeira, veu a Carballiño a representar a súa obra “Corazón”.

O lugar escollido para a súa performance foi a Praza de Abastos, e realizouse o venres ao mediodía, en plena efervescencia das compras que se levan a cabo nese mercado. “O lugar escolleuno Iria, pero a nós pareceunos unha idea fantástica porque foi unha forma de dinamizar un espazo tan especial como é a Praza de Abastos”, dixo Silvia Baranda, Concelleira de Igualdade.

Na performance realiza un corte por cada agresión sufrida, asociada as diferentes etapas da vida das mulleres

Para Iria Sobrado, “a elección dese lugar ten que ver coa miña obsesión por sacar o teatro dos espazos convencionais, para achegalo a ese público que non é espectador habitual. E no caso particular desta obra, porque ó traballar cun corazón real, nada mellor que facelo nunca carnicería para darlle maior realismo e xerar o impacto que se pretende”.

A obra fala do corazón da muller e o sufrimento que supón a violencia de xénero. A súa autora representa as diferentes agresións que sofren as mulleres en cada etapa da súa vida, a golpe de macheta.

Contenido patrocinado

stats