Luis González Tosar, escritor e presidente da Fundación Insua dos Poetas: “Hai que dar aos mozos propostas participativas”

O presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis G. Tosar, retoma, tras o paréntese do verán, a súa faceta de escritor e dinamizador cultural, cunha proposta para motivar á mocidade a participar na cultura e impulsar o uso do galego.

Luis Tosar.
Luis Tosar. | Xesús Fariñas

Pregunta. En qué situación está a cultura galega?

Respuesta. Eu estou implicado en eventos culturais desde os anos 70, e avanzouse moito en actividades e proxectos culturais, pero dunha cultura de resistencia pasouse a un momento en que eses valores fóronse perdendo, como os conceptos da irmandade ou identidade. O institucionalismo cultural non é bo, porque as novas xeracións non se senten representados.

P. Que papel xoga a Fundación Insua dos Poetas?

R. A Fundación naceu para difundir autores en galego. Concebimos a Insua como un espazo de liberdade, onde a natureza dialoga coa literatura e as artes plásticas. Tamén promovemos actividades que dinamicen e melloren a situación cultural como o Rock&Poetry, a Festa da Palabra ou do Día da Árbore e a Poesía. Organizamos case unha actividade mensual e a acollida está a ser moi positiva.

P. En que consistirá o encontro Rock&Poetry?

R. É unha oportunidade para que bandas musicais emerxentes, de mozos de entre 18 e 30 anos, interpreten composicións en galego e demostren que a lingua tamén serve para transmitir emocións. Desde a Fundación proporcionámoslles un marco neste espazo, porque moitas veces non teñen oportunidades para ensaiar ou para actuar e queremos darlles as posibilidades que merecen.

P. En qué outros proxectos traballa a Fundación?

R. Queremos crear unha rede cultural cos centros de ensino, cos estudiantes de ESO e Bacharalato. Hai moita creatividade entre a xente moza e hai que darlles espazo. Tamén pensamos en organizar outras actividades relacionadas coas artes plásticas ou o teatro. Penso que a cultura oficial non encaixa moi ben coa xuventude e hai que chegar a eles con propostas participativas. Hai que motivalos.

P. E a que proxectos se dedica Luis Tosar?

R. Aparte do meu labor como presidente da Fundación Insua dos Poetas, estou centrado no meu traballo como escritor. Eu defínome como un escritor serodio, non ambiciono o éxito literario senón que escribo por transmitir as miñas sensacións e vivencias. Agora estou preparando a miña obra poética reunida, un libro de relatos sobre a infancia entre Bos Aires e Galicia, e retomarei a serie de artigos semanais “O anxo Atheán” en La Región. n

Contenido patrocinado

stats