Arnoia invirte 169.000 euros en aforro enerxético en varios pobos
O Ribeiro
As melloras contan cunha inversión de 196.000 euros e reducirán nun 70% o custo da factura municipal de luz.
O Concello de Arnoia executa traballos de mellora de eficiencia enerxética ao longo da estrada que percorre o pobo, a OU-402, así como en A Reza, Porqueira, acceso á Vila Termal, Remoiño, carretera de Sande, Rial e Carnós, que se unen ás recentemente rematadas en Lapela e no pabellón municipal e acceso ao concello, estas tres últimas xa executadas cunha subvención da Deputación.
O alcalde, Rodrigo Aparicio, indicou que as obras en execución suporán unha inversión total de 169.000 euros, e subliñou que "con estas actuacións mellórase notablemente a iluminación de varias rúas e pobos, e redúcese notablemente a contaminación lumínica e a derivada das emisións de CO2 á atmósfera". Destacou o aforro que suporán estes traballos, que reducirán nun 70% o custo da factura municipal de luz.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
INICIO EN MÓNACO
El ciclista limiano Carlos Canal: quinta Vuelta
PAUTAS DE ACTUACIÓN
Diputación de Ourense y Cruz Roja refuerzan su colaboración social
EL PP PIDE INFORMACIÓN
Los parques infantiles de O Barco llegan al final de su vida útil