Arranxos urxentes contra o arsénico en Castrelo de Miño
A Xunta destina 400.000 euros a solucionar os altos niveis de arsénico que ten a auga do abastecemento
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, vén de asinar de xeito telemático co alcalde do Castrelo de Miño, Avelino Pazos, o convenio de colaboración para desenvolver as actuacións necesarias para reducir os niveis de arsénico do sistema de abastecemento municipal de auga, que suporán un investimento de 400.000 euros.
A Xunta financiará a asistencia técnica ao Concello para definir as actuacións de emerxencia necesarias para a eliminación do arsénico con carácter urxente, as obras para abastecer con garantía sanitaria á poboación e a redacción do proxecto da solución definitiva a este problema.
O obxectivo é realizar as actuacións necesarias para minimizar os niveis de arsénico detectados na auga que abastece á poboación do municipio de Castrelo de Miño.
O pasado 17 de decembro o Concello realizou unha Declaración de Emerxencia para afrontar a situación tras detectarse elevados valores de arsénico no sistema de abastecemento. Para acadar valores aptos para garantir a calidade da auga cómpre desenvolver unhas actuacións para as que a entidade local conta co apoio técnico e financeiro da Xunta.
Así, entre outras intervencións, na potabilizadora de Coto Novelle mellorarase a dosificación de reactivos e levarase a cabo a substitución da area do filtro por outra de alta capacidade, cun sistema automatico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Aprendiendo
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 19 de septiembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 19 de septiembre
INVESTIGACIÓN
Un 48% de españoles ya cuidó de un enfermo con alzheimer