A Asociación de Pintores do Ribeiro expón na Madalena

A Asociación de Pintores do Ribeiro Arema realiza por terceiro ano consecutivo unha exposición no Centro Social da Madalena, en Ribadavia. Nas súas anteriores mostras a afluencia de visitantes foi numerosa, estimándose en máis de 3.000 persoas. Os pintores que participan nesta terceira edición son Marien Escudero, Yolanda Pérez, Natalia Lelenco, Etelvino Espiñeira, Alicia Llavador, Ana Alonso, Alfonso Soto (Fon) e Antonio Vergara.

redacción.ribadavia

Publicado: 27 jul 2010 - 09:50 Actualizado: 10 feb 2014 - 23:44

stats