A banda Raposa completou aforo na Igrexa da Madalena de Ribadavia

CONCIERTO

A banda Raposa gravou en Ribadavia o seu novo videoclip en Ribadavia, no centro socio-cultural da Igrexa da Madalena

Concerto da banda Raposa.
Concerto da banda Raposa.

O centro socio-cultural da Igrexa da Madalena en Ribadavia completou o seu aforo con éxito durante o concerto que ofreceu este pasado fin de semana a banda Raposa, organizado pola asociación Arteficial, que inaugurou así a súa programación deste ano 2025.

A banda aproveitou para gravar o seu novo videoclip, do que puideron formar parte todas as persoas asistentes, que desfrutaron con este concerto neste marco histórico de vila cabeceira do Ribeiro.

Nesta ocasión, Arteficial programou este concerto da man do colectivo Das Neves de recente creación “Arraiane (s): Estudio de Creación Contemporánea” e do Concello de Ribadavia a través da área de Cultura.

Raposa é unha banda pontevedresa integrada por María Villanueva e Rubén Abad, que interpretan diversos estilos musicais.

Contenido patrocinado

stats