DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La clasificación del viñedo es clave para los “colleiteiros” de O Ribeiro
NOVAS ACTIVIDADES
Trátase dun curso Dixigal de BiG Formación, un programa gratuíto de formación en competencias dixitais, que ofrece a oportunidade de mellorar as habilidades dixitais e obter unha titulación oficial.
Cada acción formativa ten unha duración de 12 días, de luns a venres, de 09,00 a 14,00 horas, en modalidade presencial.
Busca e xestión da información dixital do 21 de xaneiro ao 05 de febreiro; Creación de contidos dixitais, do 06 de febreiro ao 21 do mesmo mes; Comunicación e colaboración con ferramentas dixitais, do 24 de febrerio ao 14 de marzo; Resolución de problemas no entorno dixital, do 17 de marzo ao 01 de abril e Seguridade e civismo no entorno dixital, do 02 de abril ao 25 do mesmo mes. Todos eles de nivel básico.
Ao finalizar, o alumnado recibirá un dispositivo tecnolóxico como agasallo. As inscricións poden facerse a través do formulario dispoñible ou contactando a través dos teléfonos 654 825 395 / 657 895 493 ou o correo sandra@bigformacion.com.
Ademais, o Concello de Ribadavia contará con clases de baile impartidas polo recoñecido instructor federado Juan Fernández. Estas darán comezo o 1 de febreiro e realizaranse os sábados no Polideportivo O Consello, con diferentes horarios segundo idades e modalidades.
Ás 16,00 horas, bailes de verbena para maiores de 50 anos; ás 17,00 bachata iniciación para maiores de 16 anos; ás 18,00 salsa iniciación tamén para maiores de 16 anos e ás 19,00 horas, salsa e bachata (nivel intermedio). Para anotarse, contactar co Concello ou a través do número de WhatsApp 667 295 336. Un curso costa 25 euros; dous 45 e tres 55 euros ao mes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas