FERIA DO VIÑO
O Ribeiro, un vino que une
O Consello da Xunta declarou a área Rexurbe de Ribadavia a través da cal se realizarán actuacións públicas e privadas dirixidas á mellora dos inmobles existentes e dos espazos públicos xunto con medidas sociais, ambientais e económicas co obxectivo de mellora das condicións de vida, a creación de riqueza e postos de traballo e a dinamización demográfica.
A área Rexurbe de Ribadavia incluirá todo o ámbito do conxunto histórico da vila, que tamén conta coa área de rehabilitación integral (ARI). A superficie total da área é de 0,108 quilómetros cadrados e existen nela, segundo a memoria presentada polo concello, 459 edificios cun total de 709 vivendas. Dese total, 263 edificios atópanse en estado deficiente, malo ou ruinoso.
A través desta nova figura, o Concello de Ribadavia pretende realizar actuacións de rehabilitación e mellora de edificacións e trama urbana que incidirán sobre a situación económica e social dos ámbitos da área Rexurbe e de toda a vila de Ribadavia.
Unha vez realizada a declaración, o concello deberá redactar un plan de dinamización da mesma, na que se indiquen as medidas para adoptar e actuacións que se deben levar a cabo, o custe estimado das mesmas e as fontes de financiamento, público e privado.
Dentro do Rexurbe o Instituto Galego da Vivenda e Solo pretende adquirir este ano inmobles para rehabilitar, destinando a tal fin 200.000 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FERIA DO VIÑO
O Ribeiro, un vino que une
FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO
O viño galego, un sector que se consolida cada ano
nuevas condiciones
Berán intenta adjudicar el balneario por 15 años
Lo último
MÁS COOPERACIÓN TRANSFRONTERIZAS
Bruselas ve en el hantavirus señal de brotes más frecuentes e intensos