Curso e lonxa sobre a agricultura ecolóxica
O RIBEIRO
O día 27 terá lugar a lonxa ecolóxica Ribadavia Natural con variados productos, degustacións e obradoiros
O Campus de Ourense da Universidade de Vigo e o grupo agroecoloxista do Ribeiro organizan un encontro coa realidade agroecoloxista en Galicia, previsto en Ribadavia, do 24 ao 27 de xuño. Os participantes poderán escoitar as ponencias de diferentes especialistas do sector sobre a agricultura ecolóxica, as experiencias neste eido, e a viabilidade de proxectos e alternativas para o desenvolvemento rural.
Trátase do primeiro curso especializado neste tema que se fai en Ribadavia e pretende en primeiro lugar alentar á creación de iniciativas e proxectos de agricultura ecolóxica, e por outra banda sensibilizar a poboazón nas bondades de producir e consumir alimentos sen pesticidas e funxicidas contraproducentes para a saúde. Está patrocinado pola Deputación e conta coa colaboura do Concello de Ribadavia, da Festa da Istoria e do Museo Etnolóxico.
Asemade o día 27 terá lugar a Lonxa Ecolóxica Ribadavia Natural, na Praza da Madalena, dende as 11,00 horas deica ás 21,30, cunha ampla exposición e venda de productos ecolóxicos e biodinámicos, así como degustacións e obradorios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima