“Déjà vu” e “Cris, pequeña valiente” gañan en Ribadavia

MIT de Ribadavia

O público da Mostra de Teatro valorou a diversidade e elixiú espectáculos de circo e monicreques

Publicado: 27 jul 2021 - 04:42 — Actualizado: 27 jul 2021 - 20:41
La MIT cierra una nueva edición con más éxito y menos público

As obras “Déjà vu”, de Manolo Alcántara, e “Cris, pequeña valiente”, son os dous espectáculos teatrais que recibiron os Premios do Público da MIT 2021. Ademais, o gañador do 1º Dramiturga foi Roi Vidal Ponte, co texto “Noite Castelá”, que publicará nun libro colectivo a Asociación DramaturgA, xunto coas seis versións da peza que realizaron os dramaturgos participantes do proxecto.

“Foi unha edición especial, de recuperación internacional e cautela, onde a incertidume e o compromiso estiveron moito máis presentes”, sinala a organización, engadindo que “o público, acostumado ás votacións telemáticas, ao desaloxo ordenado do auditorio por tramos e seguindo os protocolos do plan de continxencia da MIT ante a covid, valorou a diversidade de espectáculos e a oportunidade de reflexionar sobre eles de novo nos foros, un formato de mediación plenamente consolidado no festival”.

Os espectáculos “Los que hablan” e “Bailar agora”, quedaron en segundo e terceiro lugar, respectivamente. “Co resultado final das votacións, evidénciase a valoración do público á diversidade de estilos e xéneros, pois prémiase o novo circo, os monicreques, a danza e o teatro textual”, apuntan os organizadores.

A MIT seguirá apostando pola “esixencia, a non cancelación de todo canto se poida levar a cabo e imaxinar, a calidade fronte á cantidade e a distinción da coherencia e do risco, o que permite o debate, alenta a crítica e fomenta os valores de respecto e convivencia”, matizan. Segundo afirman, a MIT “seguirá sendo ese festival popular e reflexivo”.

Contenido patrocinado

stats