PARA LA COMARCA
Los ayuntamientos ahorrarán 1,7 millones en axuda no fogar
OCIO EN VERANO
O Concello de Ribadavia é sede do campo de voluntariado “Viaxa pola Istoria”, unha actividade que forma parte dos campos de voluntariado do programa acción de verán que organiza a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Entres os seus obxectivos está apoiar o proceso de organización dunha Festa de Interese Turístico Nacional, como é a Festa da Istoria.
Os traballos que desenvolverán os participantes poden clasificarse en dúas áreas de actuación: por unha banda, preparación dos elementos ornamentais da caracterización para a Festa da Istoria, centrándose na restauración de material que se atopa desfasado ou deteriorado, así como a ampliación de recursos que sexan solicitados (nova cartelería, material para as animacións…). E por outra banda, tamén levarán a cabo a elaboración de recursos turísticos para a dinamización da vila máis alá da festa.
Así, desenvolverase un evento de rol en vivo, no que as persoas voluntarias do campo de voluntariado deseñarán unha trama que despois interpretarán interactuando directamente con participantes locais que se unan á actividade.
Os mozos, que estarán en Ribadavia entre o 1 e o 12 de xullo, foron recibidos polo alcalde, César Fernández, quen lles agradeceu que escolleran a vila para vivir a experiencia única, na que coñecerán o importante dinamismo cultural e social deste Concello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PARA LA COMARCA
Los ayuntamientos ahorrarán 1,7 millones en axuda no fogar
UN MARGEN PEATONAL
Reclaman más seguridad en el Camiño da Geira en Beade
MIL EUROS DE PREMIO
Cortegada celebra el 28 de febrero su Entroido
PROYECCIÓN NACIONAL E INTERNACIONAL
Un año histórico de Ribadavia al frente de la Red de Juderías
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago