DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La clasificación del viñedo es clave para los “colleiteiros” de O Ribeiro
A XXXII Festa de exaltación da vendima da comarca que se celebrará no concello de Leiro, chegou onte coa xornada previa e o hoxe coa Festa da Vendimia.
Os asistentes poderán gozar cos actos programados; un mercado artesanal, actuacións musicais, unha mostra de coches clásicos, unha comida popular...
Ademáis, na xornada previa ao evento, tamén houbo actos lúdicos.
Naceu no ano 1963 pero non foi ata o ano 2.000 cando se comezou a celebrar o último domingo de agosto.
A festa está dedicada ao mundo do viño e ao seu cultural, fortemente arraigada nesta zona da provincia de Ourense.
O principal acto da festa é o Desfile de Carrozas, pero tamén destaca a comida popular, onde centos de persoas reúnense para degustar viño acompañado doutros deliciosos manxares, o Mercado Artesanal e a Mostra dos Viños de Leiro.
Na xornada previa á XXXII Festa da Vendima tivo lugar ás 17,00 horas a actividade da ludoteca infantil e a festa de apertura. Ás 21,00 horas levouse a cabo a apertura da IV Mostra de Viños de Leiro.
Comeza a XXXII Festa da Vendima ás 10,00 horas coa recepción de Acios a concurso seguido da propia exposición. Ás 11,30 horas daráselle a benvida ás autoridades. A lectura do pregón farase as 12,00 horas na praza do Cruceiro e este ano estará a cargo do conselleiro de medio rural, Don José González Vázquez. Ás 12,15 horas terá lugar o Desfile de Carrozas e charangas desde a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Feira e comezará a V Concentración de Coches Clásicos. Ás 13,30 horas terá lugar o concerto da Banda de Gaitas da Deputacion de Ourense e ás 14,30 horas dará inicio a visita ao XVIII Mercado Artesanal, actividade instalada no Salgueiral, seguido da comida popular.
Pola tarde, ás 16,30 horas, procederase á entrega de premios dos Concursos de Acios e de Carrozas, e a continuación darán inicio as actividades infantís e a festa no Salgueiral. Ás 17,45 horas disputarase o partido de fútbol de veteranos e ás 20,00 horas celebrarase o concerto Corais da Vendima. Ás 22,00 horas haberá actuacións musicais no Salgueiral para pechar a XXXII Festa da Vendimia en Leiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Guerra en Ucrania
Cuatro muertos más en Ucrania a causa de otro ataque masivo de Rusia
RESCATE IMPOSIBLE
Muere un hombre en un incendio en una vivienda en As Neves
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 24 de marzo