AMPLIA RED DE SERVICIOS
Leiro y Carballeda rompen la sangría demográfica comarcal
SERVIZOS
O parque de maquinaria móvil da Mancomunidade de Concellos do Ribeiro verase incrementado coa compra de dous camións destinados ó servizo de recollida de lixo, que esta institución presta nos municipios asociados, que son Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro. Deste xeito, a presidencia da mancomunidade vén de aprobar o proceso licitatorio e pregos de condicións para a contratación da subministración do primeiro dos vehículos, un compactador de residuos sólidos urbanos cunha capacidade de 12.000 litros en volumen.
"Este camión substituirá a un vello que xa non se pode utilizar e ten un custe de 137.000 euros", apunta o presidente do ente comarcal, Francisco José Fernández. Asemade, o tamén alcalde de Leiro adianta que "tamén mercaremos outro camión de caixa para carga, que suporá un investimento aproximado de 60.000 euros, para reforzar a recollida de residuos nos cinco concellos".
Así, o parque de vehículos deste servizo quedará integrado por sete camións compactadores, dous de caixa intercambiable, outro lavacontedores e unha cabeza tractora de arrastre, que son manexados por un total de cinco operarios. A esta maquinaria e efectivos humanos para a recollida de lixo hai que sumar as 16 unidades de maquinaria que están destinadas ó servizo de extinción de incendios forestais, no que traballan cinco conductores e peóns, ademais das brigadas que son contratadas con carácter temporal nos municipios mancomunados ó longo do verán.
O servizo de recollida de lixo compleméntase, nas instalacións que posúe a mancomunidade na localidade de Beade, cunha microplanta de transferencia de residuos, integrada no convenio de colaboración entre a Deputación provincial e Sogama, e un punto limpo reservado para a almacenaxe de residuos reciclables como papel, cartón, vidro, latas e envases.
O orzamento de gasto anual para o transporte de residuos dende os cinco municipios ata a planta de Beade supuxo un montante total de 275.000 euros o ano pasado, cantidade que aportan os respectivos concellos segundo a súa poboación e distancia, e que foi inferior en 18.000 euros á correspondente a 2015.
A Mancomunidade do Ribeiro abarca unha superficie aproximada de 120 kilómetros cadrados, e nos cinco municipios reside un total de 5.500 persoas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AMPLIA RED DE SERVICIOS
Leiro y Carballeda rompen la sangría demográfica comarcal
PARA LA COMARCA
Los ayuntamientos ahorrarán 1,7 millones en axuda no fogar
UN MARGEN PEATONAL
Reclaman más seguridad en el Camiño da Geira en Beade
MIL EUROS DE PREMIO
Cortegada celebra el 28 de febrero su Entroido
Lo último
NO ES UN HECHO AISLADO
Cae con 80 gramos de cocaína a los 4 días de una condena por drogas en Ourense
BORRASCA LEONARDO EN OURENSE
El temporal pasa factura en ambos institutos de Xinzo con aulas llenas de agua
DÍA CONTRA EL CÁNCER
Ourense suma 2.600 nuevos casos de cáncer en el último año