OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
VIÑEDOS
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte as axudas da Consellería do Medio Rural para apoiar a destilación de crise dos viños tintos da Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra, co fin de equilibrar o mercado e facilitar que as adegas liberen capacidade para afrontar a entrada de uva da colleita da vendima deste ano.
As achegas contan cun orzamento de 500.000 euros, ampliables ata os 2,4 millóns de euros de ser necesario. As axudas están financiadas con fondos da Consellería, e segundo a cantidade máxima autorizada pola Comisión Europea, 1,05 euros por litro de viño destilado.
O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir de hoxe. A destilación de crise poderá realizarse, como límite, ata o 15 de novembro de 2024 e o alcol obtido destinarase exclusivamente para o seu uso en procesos industriais, incluída a fabricación de desinfectantes e produtos farmacéuticos ou enerxéticos, co fin de evitar distorsións da libre competencia.
Poderán beneficiarse das axudas as empresas vitivinícolas que elaboren viño tinto baixo a DO Ribeira Sacra e que cumpran uns requisitos establecidos na orde, como que tiveran comprado uva na campaña 2023-2024 a persoas viticultoras, ou que utilizaran uva dos seus propios viñedos.
As persoas beneficiadas deberán entregar o viño a unha destilería autorizada, presentar antes do 31 de xullo de 2025 unha declaración do destino do alcol obtido e o viño entregado deberá ter un grao alcohólico adquirido non inferior ao 4,5%.
A maiores, a Consellería vai destinar 2 millóns de euros en axudas para a conservación da contorna paisaxística e a loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro
28 PARROQUIAS AFECTADAS
Alerta en O Ribeiro por la plaga de flavescencia dorada
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
El interés general