OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
A Festa da Istoria volta, hoxe e mañá, a Ribadavia, tra-la parálise pola pandemia. Nunha edición, a número 33, na que o programa presenta algunha novidade e máis animación musical. De todo elo fálanos Miguel García, responsable da asociación que organiza este evento de recreación da Idade Media.
¿Qué supón organizar esta festa tras dous anos de parón?
Supón unha responsabilidade e un reto importantes, xa que a festa seguía unha inercia que se detivo no 2019 e podíase dar o caso de que a xente se desanimase. Pero non sucedeu así, e houbo unha gran resposta por parte de todos os implicados na organización e con máis forza cá na última edición.
¿Cántas persoas traballan na organización?
Na asociación somos 19 persoas e cada unha ten adicación a unha actividade concreta do programa. E en cada actividade hai un grupo de voluntarios, que son os que realmente poñen en escea o ensaiado previamente. Estamos a falar dunhas 300 persoas, aproximadamente.
¿Introducíuse algunha novidade na programación?
Sí, hoxe terá lugar no casco histórico un “Escape Room”, que é unha proba de acertixos que promove a nivel europeo a Asociación de Festas Históricas, e no programa tamén haberá máis concertos, para darlle á festa un ambiente de máis animación.
¿Hai previsións de asistencia?
É complicado. É evidente que a xente ten moitas ganas, e a maioría sabe que ten unha cita en Ribadavia o último sábado de agosto. Ribadavia convértese nun polo de atracción e a Istoria supón unha gran inxección económica para tódolos sectores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro
28 PARROQUIAS AFECTADAS
Alerta en O Ribeiro por la plaga de flavescencia dorada
Lo último
REGRESA LA CITA
Concentración Motera de Verín
CAMBIOS EN LA CIRCULACIÓN
La A-52 permanecerá cortada en sentido Madrid a la altura de O Padornelo por trabajos de asfaltado
OPERACIÓN EMPRESARIAL BAJO LUPA
La empresa del novio de Ayuso facturó 4,4 millones a Quirón entre 2021 y 2023, según un informe de la UCO