Muimenta e Osmo buscan promotores para as súas terras
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana pasada a resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se aproban as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de concorrencia competitiva para a selección de propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas ás aldeas modelo de Osmo (Cenlle) e Muimenta (Carballeda de Avia). Os interesados en poñer a producir estas terras teñen un prazo de 15 días naturais para facer chegar as súas solicitudes.
A aldea modelo de Osmo abrangue un perímetro de 18,32 hectáreas. Na súa guía definitiva de usos establecéronse como actividades principais a explotación porcina en extensivo, a horta e cultivos de ciclo curto e o viñedo. Como actividade secundaria, a plantación de árbores para obtención de froito.
A aldea de Muimenta abrangue unha superficie de 29,1 hectáreas. Na súa guía produtiva apóstase, como actividades principais, por un sistema agroforestal, combinando prácticas de aproveitamento do monte con gandaría en extensivo, así como por cultivos de ciclo curto. As actividades secundarias son a xestión forestal activa, priorizando a protección das frondosas, e os cultivos de viñedo, oliveiras ou froiteiras, ademais de ser declarado Espazo Agrario de Experimentación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas