DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La clasificación del viñedo es clave para los “colleiteiros” de O Ribeiro
O Museo do Viño de Galicia, ubicado en Santo André de Camporredondo, no municipio de Ribadavia, acolleu onte a xornada técnica de museos organizada pola Xunta de Galicia: “ Museos en ámbitos rurais e vilegos”.
Este ano, a xornada estivo dedicada aos museos que teñen a súa sede no rural, en vilas ou pequenas cidades cómo é o propio caso do museo que este ano foi anfitrión. Desta maneira, os conferenciantes compartiron as súas experiencias nos museos onde traballan, nunha xornada onde aprender, compartir e reflexionar sobre a práctica profesional no mundo dos museos.
O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, foi o encargado da inauguración, dando paso ao longo do día ás intervencións de un total de nove profesionais de distintas procedencias e con experiencias diferenciadas: Fernando Seara, director do Museo do Douro; Covadonga López, do Museo Massó; Juan Seara, do Conxunto Museístico de Allariz; Elena Varela, directora do Centro de Viladonga e do Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro; José Antonio Quiroga, director do Ecomuseo Pazo; Cecilia Doporto, encargada do Museo Ramón María Aller Ulloa; Marcos Vázquez, representando a Colección Museográfica Viva e Integrada do Campo e Locomoción Agraria (Muvicla); María Rocío Acha, responsable do Museo Etnográfico e do Viño de Cambados, e Xoán Xosé Molina, presidente do Padroado do Museo Comarcal de Fonsagrada.
Os asistentes participaron nunha posta en común e realizaron unha visita guiada polas instalacións de Santo André de Camporredondo, onde se abordaron entre outros temas a diversidade na xestión destes museos, que contribúen á dinamización cultural do lugar onde están ubicados, ao coñecemento da contorna e atenden ás novas demandas dun turismo sostible de fin de semana, segundo sinalan os organizadores da xornada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DECLARACIONES POST PARTIDO
Dani Llácer, entrenador del Ourense CF: “Pusimos el modo superviviente”
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 22 de marzo?