PARA LA COMARCA
Los ayuntamientos ahorrarán 1,7 millones en axuda no fogar
OCIO
A asociación de Ribadavia Activa-T organiza a 17 edición da "Noite Meiga", prevista para o próximo 28 de outubro. Será unha festa chea de actividades ao longo da tarde noite do sábado pero este ano destaca como novidade a xornada do venres infantil (27 de outubro), adiantando a Noite Meiga un día para dedicala aos nenos.
A festa comezará pola maña co teatro "Bailando con meigas", que terá lugar no Colexio CEIP de Ribadavia, ás 12,00 horas; e xa pola tarde desde as 16,30 ás 20,00 horas, na Alameda, haberá varias atraccións para os rapaces como unha yincana de 24 metros, un circuito de kars, un futbolín humano, e tobogán e castelo inchables.
Ademais de contar cunha exposición de cabazas elaboradas por todos os escolares na Praza da Abastos.
En canto ao sábado, a Noite Meiga ofrecerá por primeiro ano, coa colaboración da Asociación Lúdico Cultural de Magos do Ribeiro, unha Conferencia de Maxia de Rúa a cargo do mago Raul Camawey, para magos profesionais, magos afeccionados e tamén de libre acceso para o público en xeral.
A organización tamén destaca que o concertó Fin de Festa, que terá lugar no salón do Club Artístico de Ribadavia, será do grupo de música galego "Fillos do Estramonio", con entrada libre.
As entradas para o Pasaxe do Terror poderanse mercar a partir do 20 de outubro en "Lisanavia" de Ribadavia e o mesmo día da festa a partir das 19,00 horas na finca da MIT (Praza Maior). Este espectáculo é para maiores de 12 anos, cun aforo limitado.
Outras actividades consistirán nun Baile de Feiticeiros para os nenos, Desfile Meigo, actuacións de grupos de percusión, grupos de baile, teatro e queimada para todos os asistentes. "E tamén hai que estar atentos ás redes sociais xa que haberá un Flasmob especial para a Noite Meiga", segundo sinalan membros de Activa-T.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PARA LA COMARCA
Los ayuntamientos ahorrarán 1,7 millones en axuda no fogar
UN MARGEN PEATONAL
Reclaman más seguridad en el Camiño da Geira en Beade
MIL EUROS DE PREMIO
Cortegada celebra el 28 de febrero su Entroido
PROYECCIÓN NACIONAL E INTERNACIONAL
Un año histórico de Ribadavia al frente de la Red de Juderías
Lo último