OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
O pleno de Leiro aprobou unha moción do BNG para incrementar a subvención que a Entidade Local Menor de Berán vai recibir en 2021, pasando de 4.000 a 7.000 euros anuais.
Este incremento é unha compensación polo IBI que o Concello está cobrando polos bens inmobles da entidade cun valor de 2.400 euros anuais. Na moción presentada polos nacionalistas tamén se recolle un punto que, baseándose nos informes técnicos da Deputación de Ourense, así como da Secretaría-Intervención municipal, reclama ao grupo de goberno seguir traballando para que, coa maior brevidade posible se bonifiquen os inmobles, dadas as súas especiais características económicas, sociais e culturais.
Desde o BNG manifestan que "sabemos que hai diferentes inversións que a Entidade Local Menor de Berán hoxe en día non está podendo executar, entre outros motivos, por sentirse afogada económicamente". Por iso, este grupo da oposición en Leiro considera que "desde o concello débese axudar a que esta institución case centenaria sobreviva". Os nacionalistas, engaden que "entendemos que é un orgullo para Leiro contar coa única Entidade Local Menor da provincia de Ourense e é a nosa obriga traballar para mantela nos anos sucesivos". De momento, no 2021, Berán verá incrementada a subvención.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro
28 PARROQUIAS AFECTADAS
Alerta en O Ribeiro por la plaga de flavescencia dorada
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DAÑOS SUFICIENTES
El alcalde de Viana confía en que se declare Zona de Emergencia
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O rumor da quietude
48 HORAS DESPUÉS
La solidaridad toma el relevo en las aldeas de Viana do Bolo