GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios
Ante o acontecido o pasado fin de semana en Melón, onde un home perdeu a vida como consecuencia de picaduras de velutina, o Partido Popular de Melón pide ao grupo de goberno que renda contas do traballo feito para a loita contra esta avespa.
Alberto Pardellas, portavoz dos populares locais, pediu mediante un escrito no Concello que o grupo socialista amose os escritos “remitidos a calquera servizo autonómico ou outro para solicitar axuda para eliminar os niños das velutinas”, así como “informar aos veciños nas oficinas municipais do concello”, anota Pardellas. O portavoz do Partido Popular tamén solicita ao grupo de goberno información “se houbera algunha reunión ou chamada telefónica con algún director xeral, conselleiro ou delegado da Xunta en Ourense”.
Esta solicitude de información vén motivada polas explicacións que Emilio Díaz, alcalde de Melón, deu nas “redes sociais e nos medios de comunicación este fin de semana despois da traxedia vivida no concello de Melón por a picadura de velutinas”, engadiu o popular. Pardellas asegura que “o señor alcalde estaba avisado do perigo existente, porque varios veciños así o fixeron saber nas oficinas municipais durante varias semanas dos últimos meses”.
Por iso, o Partido Popular de Melón pide ao grupo de goberno que dean conta do traballo realizado nesta materia ante a invasión das avespas velutinas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GALA OURENSANA EN VIGO
La D.O. Ribeiro celebra su prestigio y su calidad con la entrega de premios
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro
Lo último