FERIA DO VIÑO
O Ribeiro, un vino que une
SERVIZOS
O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia plantexa ó goberno municipal que acometa a obra de extender a rede municipal de abastecemento de auga e saneamento ás localidades de As Chabolas, A Groba e Sanín. Esta é unha das 23 propostas que realiza o grupo "popular" para incluir no orzamento municipal de 2018. Segundo o portavoz do PP, César Fernández, o documento que presentan pretende "satisfacer moitas das demandas que formula a veciñanza" e agarda que o goberno as atenda, xa que "non pode seguir dando as espaldas a actuacions moi necesarias para a mellora do noso concello".
Aparte da xa citada ampliación da rede de auga a As Chabolas, A Groba e Sanín, o PP reclama a reforma da rede de abastecemento e saneamento de San Critobo, así como acometer a actuación integral de humanización e mellora das aceras nesta localidade. Reclama tamén recuperar a partida orzamentaria de 60.000 euros para a mellora de infraestruturas no medio rural, co fin de arranxar o camiño da Eiroa en Esposende e o do Coto en Sampaio, así como una partida orzamentaria para o arranco de camiños en Ventosela, que se atopan "nun estado lamentable".
Reclaman os "populares" a humanización e mellora das beirarrúas da rúa Piñeiral e a continuación desta beirarrúa ata a Franqueirán. Tamén pide unha partida orzamentaria para crear "un servizo de madrugadores" para favorecer a conciliación laboral e familiar, así como mellorar e ampliar a "Galiña Azul". Outras propostas do PP son a reforma, humanización e acondicionamento da praza de "As Banquetas", a mellora do entorno da capela de Santa Cristina e da igrexa de Esposende e garantir o abastecemento de auga da localidade de Santo André de Camporredondo.
Así mesmo, propón manter reunións coas asociacións veciñais daquelas localidades que non contan con abastecemento e saneamento de auga servido polo concello para propoñerlles a municipalización. O documento do PP inclúe, entre outras medidas, acometer unha mellora no entorno de Chan do Baño en Prexigueiro, co adecentamento do muíño e todo o entorno do río, construíndo un área recreativa para o lecer da veciñanza.
O PP quere que se aumenten as achegas municipais ás asociacións que dinamizan a actividade cultural do concello para acadar as seguintes cantidades de subvención nas súas actividades: 6.000 euros para a Noite Meiga, 14.000 á Festa da Istoria, 5.000 ó Festival Arteficial, así como unha Subvención Banda de música A Lira de 15.000 euros
Propón, tamén, que se aumente a partida de subvencións a clubes e entidades deportivas ata os 10.000 euros, e a partida de subvencións para a eventos deportivos ata os 6.000 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FERIA DO VIÑO
O Ribeiro, un vino que une
FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO
O viño galego, un sector que se consolida cada ano
nuevas condiciones
Berán intenta adjudicar el balneario por 15 años
Lo último
DOS AÑOS AL FRENTE
Rueda reivindica el cumplimiento del 87% del programa electoral de 2024
DETENIDO EL RESPONSABLE
Siete heridos, cuatro de gravedrad, tras un atropello múltiple en el centro de Módena, Italia