O Premio Abrente será este ano de 3.500 euros
premio
Aumenta en 500 euros e tamén se elimina a posibilidade de compartilo
O Premio Abrente para Textos Teatrais chega a súa 12ª convocatoria, dentro da programación da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), con novidades importantes como o incremento da súa dotación a 3.500 euros, 500 máis ca nas pasadas edicións; e ademais, estipulando nas súas bases que se trata a partir de agora dun premio "único e indivisible", a raíz de que o ano pasado o xurado decidira repartilo entre dous autores.
O incremento da dotación económica supón reaxustar o orzamento do festival, segundo indican desde a dirección do evento, "pero é unha clara aposta pola dramaturxia galega e polo fomento da actividade de dramaturgos, un dos valores esenciais do teatro galego actual", matiza.
Poderán optar ao premio todos os autores de calquera nacionalidade que presenten obra dramática inédita e nunca antes premiada ata a data de resolución desta convocatoria, sempre que estea escrita en lingua galega.
A organización reservará por un prazo de doce meses os dereitos de edición e representación da obra e igualmente a MIT poderá promover a produción ou coproducións para a escenificación da peza premiada. O prazo de admisión de orixinais remata o día 23 de xuño e a decisión do xurado darase a coñecer publicamente en xullo de 2017, no contexto da XXXIII Mostra Internacional de Teatro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 4 de agosto?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata