Reformas en proxecto para o Pavillón do Consello
O Consello municipal de Deportes de Ribadavia aprobou, co apoio de todas as entidades deportivas, a proposta presentada polo goberno local para solicitarlle á Deputación provincial a súa participación na obra de mellora do Pavillón do Consello. Apuntan o responsables que habería que comezar pola propia cancha deportiva. Para elo, o Concello ten solicitada unha reunión coa Dirección Xeral para o Deporte para abordar esta e outras melloras. Asimesmo, sinalan que a obra máis urxente é o arranxo dos problemas existentes na caldeira e no sistema de auga quente e calefacción.
O Concello realizou unha memoria valorada da actuación a realizar en todo o sistema, cun orzamento de máis de 47.200 euros, e propón a execución en dúas fases comezando pola reforma da sala de caldeiras e seguindo coa substitución do circuíto de auga quente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
TERCERA FEDERACIÓN
Tumbeiro, del Antela: “Los fallos se pagan caros”
Miguel Michinel
TITNA DE VERANO
Siete vidas
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Dous días