DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La clasificación del viñedo es clave para los “colleiteiros” de O Ribeiro
O goberno municipal de Ribadavia decidiu cortar o suministro de agua ás fontes públicas que se surten da rede de abastecemento, a fin de baixar o consumo e tendo en conta a situación de prealerta de sequía. Ademais, o Concello tamén suprimiu as regas de rúas e prazas que se viñan levando a cabo dende o inicio do verán.
"Non estamos nunha situación catastrófica, pero debemos tomar medidas preventivas co obxectivo de evitar calquera tipo de despilfarro", subliña o concelleiro de Servizos Públicos, Javier Iglesias. Son un total de catro os surtidores que gastan auga da traída pública no municipio, sen contar as ubicadas na área recreativa da Veronza, e nas que agora se pechou o suministro,se ben os veciños aínda dispoñen da alternativa dos mananciais naturais da Fonte da Prata ou da Oliveira.
"Estamos traballando conxuntamente coa empresa concesionaria do servizo para comprobar diariamente o estado do sistema, e tamén decidimos rebaixar a presión dende a estación de bombeo do río Maquiáns", apunta Javier Iglesias.
Aínda que polo momento non se van tomar medidas restrictivas, o Concello xa está a planificar ó que vai ser o futuro da rede de abastecemento. Neste sentido, espérase unha resposta da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ó informe que remitiron as autoridades municipais sobre a idoneidade dunha nova captación de auga no rio Miño, que substituirá á actual no río Maquiáns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PROGRAMA SALVAGUARDA
El vino se queda sin protección de la UE ante Mercosur
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Escudo del Gobierno ante la guerra