RETOS TECNOLÓGICOS
Talento digital de raíz rural en Berán
CONSELLO REGULADOR
O presidente da Deputación, Luis Menor, puxo en valor o proxecto de dixitalización do rexistro vitivinícola na Denominación de Orixe Ribeiro, unha iniciativa que recibiu a axuda da Deputación e que resulta “estratéxica para o desenvolvemento da actividade nesta histórica zona”, dixo o presidente. Gracias a esta colaboración, o Consello Regulador pode obter información actualizada das máis de 7.000 parcelas que conforman a denominación.
O presidente recibiu á presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Concepción Iglesias Pousa, acompañada polo vicepresidente e secretario do organismo, Carlos Basalo e Luis Manuel Vázquez, respectivamente.
Por outra banda, tratáronse accións de promoción realizadas ata agora en cooperación coa Deputación e que obtiveron, en palabras de Menor, “extraordinario éxito”.
A Deputación non só aposta por esta denominación , senón polo resto das existentes na provincia, tendo en conta que o sector do viño é “un área estratéxica” para este territorio.
O presidente provincial ratificou así o compromiso de cooperación ininterrompida coas denominacións de orixe vinícolas da provincia de Ourense. A institución colabora con asiduidade en axudas para a promoción dos viños, especialmente en mercados internacionais, e noutras actividades de difusión e de organización dos viños.
No actual mandato, a Deputación colaborou con axudas por valor de máis de 200.000 euros na promoción do sector do viño.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RETOS TECNOLÓGICOS
Talento digital de raíz rural en Berán
ACEITES ABRIL
O Ribeiro gana peso en la producción de aceite gallego
Lo último
Talento Mozo 2026-2027
Ourense contará con dos programas de empleo para jóvenes de entre 18 y 29 años
MÁS DE 7 AÑOS DE CÁRCEL
Condenado por agredir sexualmente a su nieta menor de edad en Pontevedra