FERIA DO VIÑO
O Ribeiro, un vino que une
RIBADAVIA
A presenza de termitas obrigou a evacuar o pasado venres unha aula do CPI Tomás de Lemos de Ribadavia, de tal xeito que os alumnos tiveron que continuar a clase nas zonas comúns deste centro, situado na Alameda de Ribadavia, segundo declarou o portavoz do grupo municipal do PP, César Fernández.
O concelleiro sinala que "ante a gran cantidade de termitas que había nunha aula, a docente viuse na obriga de sacar aos alumnos da aula para continuar a clase no exterior da mesma. As nais e pais de alumnos foron avisados para que se achegasen a comprobar "in situ" a situación". Por ese motivo, o portavoz matiza que a conservación e mantemento deste edificio de titularidade municipal corresponde ao Concello de Ribadavia, e en consecuencia presentou un escrito no rexistro solicitando a documentación acreditativa relativa ás medidas de control de pragas neste edificio nos últimos anos.
Fernández sinalou que "de non existir documentación que acredite que se levaron a cabo accións para o control deste tipo de pragas, estaríamos ante un claro caso de neglixencia do alcalde que tería provocado coa súa inacción esta situación tan desagradable." Ademais, solicitou unha inmediata actuación para a eliminación das termitas co fin de non interferir con esta situación no normal desenvolvemento do curso escolar.
"Xa hai tempo que o colectivo de nais e pais de alumnos do CPI Tomás de Lemos ven alertando da existencia de deficiencias no edificio", engade César Fernández, considerando necesario que, unha vez rematado o curso, o Concello realice unha supervisión destas instalacións e leve a cabo as actuacións necesarias para mellorar as súas condicións.
A dirección xa avisou á empresa especializada
O alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, declaraba que se puxo en contacto coa dirección do colexio tan pronto se enterou da existencia das termitas, que atacaron o zócalo e os marcos das portas. A dirección xa tiña avisada á empresa que se encarga do exterminio tanto de insectos como de roedores. O rexidor referíase ao portavoz do PP, manifestando que "xa non é a primeira vez que utiliza os colexios para facer política".
A direción do colexio confirmou que unha empresa se encarga tódolos anos de colocar trampas para exterminar insectos e roedores, "tendo en conta que é un edificio antigo e que está situado na Alameda, polo que é normal que xurda algún brote", matizando que este ano, precisamente, a intervención levouse a cabo no pasado mes de marzo. Asegurou a dirección do centro de ensino, igual ca o alcalde, que "en ningún momento supuxo ningún perigo para os nenos e xa foi avisada a empresa o mesmo venres para que o solucione".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FERIA DO VIÑO
O Ribeiro, un vino que une
FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO
O viño galego, un sector que se consolida cada ano
nuevas condiciones
Berán intenta adjudicar el balneario por 15 años
Lo último
POSIBLE CASO DE VIOLENCIA DE GÉNERO
Detenido un hombre después de que una mujer se precipitase desde un tercer piso en O Carballiño
CRUCERO MV HONDIUS
Un gallego, entre los viajeros del crucero con hantavirus