OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
O RIBEIRO
A clausura parcial do campo de herba artificial existente no complexo deportivo do Xestal, en Ribadavia, está a repercutir no funcionamento da escola municipal de fútbol, xa que alguns equipos non poden adestrar nen xogar nese espazo. O Ministerio de Fomento prohibiu hai dous anos o uso dunha franxa de 25 metros do terreo debido a caída de refugallos de vehículos dende o viaducto da autovía Rías Baixas, que pasa polas inmediacións.
"O certo é que os equipos dos rapaces de fútbol 8 aínda poden xogar, pero os conxuntos de 11 non, e esta situación xa derivou na desaparición das categorías infantil e cadete", subliña Fernando Fernández, presidente da plataforma veciñal "Campo de herba artificial xa", constituída na vila para reclamar unha solución. "Hai familias que optaron por inscribir os seus fillos nas escolas de Santa Cruz ou A Ponte, pero non todas poden facelo", apunta o voceiro do colectivo.
Representantes da plataforma mantiveron unha entrevistou co presidente da Deputación, Manuel Baltar, que se comprometeu a participar nunha xuntanza coas autoridades municipais de Ribadavia, a fin de chegar a un acordo. Neste sentido, a plataforma rexistrou antronte un escrito dirixido á alcaldía para consensuar unha data para a reunión.
Indemnización
"Estamos dispostos a sentarnos con quen sexa co obxectivo de buscar unha alternativa", asegurou onte o concelleiro de Deportes, Ricardo González. O edil lembra que "o alcalde xa preguntou por este tema nun pleno da Deputación, e remitimos varios escritos nos últimos dous anos, ninguén pode dicir que non fixemos nada". Ademais, o goberno municipal reclamou da institución provincial, en abril do ano pasado, o 80% dos 364.000 euros que ésta investiu no proxecto, en concepto de responsabilidade patrimonial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro
28 PARROQUIAS AFECTADAS
Alerta en O Ribeiro por la plaga de flavescencia dorada
Lo último
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted sabemos de las fiestas solo por el tráfico?
ENTRE ALGODONES
Lamine Yamal: “No estoy para jugar un partido completo”