DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La clasificación del viñedo es clave para los “colleiteiros” de O Ribeiro
Vendimia
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeiro ten preparado un equipo de 27 inspectores que velarán polo cumprimento das normas vixentes durante a inminente campaña de vendima 2022 na comarca vitivinícola. Este operativo, que supón un incremento de efectivos respecto aos anos anteriores, participou en días pasados nun programa completo de formación cunha duración de 40 horas e impartido por profesionais cualificados en cada materia, tal e como se leva facendo nos últimos catro anos.
Nese programa, os participantes recibiron un reforzo para o recoñecemento e identificación das variedades de uva, así coma os aspectos morfolóxicos, agronómicos e enolóxicos das mesmas, ademais do coñecemento de toda a maquinaria presente en adegas, incluíndo a visita presencial a viñedos e instalacións, co obxectivo de velar pola calidade do produto final, que é o viño.
Asemade, dende o mes de xullo, como vén acontecendo nos últimos tres anos, houbo 200 inspeccións prevendima nas fincas de viticultores da Denominación. Neste sentido, Juan Manuel Casares, presidente do Consello, apunta que “durante os últimos catro anos, leváronse a cabo 600 inspeccións de viñedo previas á vendima, o que permite mellorar a actualización permanente do rexistro vitícola, ter ao día todos os datos dos viticultores, as súas fincas e variedades de uva, así como facer controis do estado sanitario das variedades e unha estimación dos rendementos das mesmas”. Na Denominación Ribeiro están rexistradas un total de 97 adegas, das cales tres son cooperativas; 41 producen menos de 400.000 litros por tempada, e, outras tres, máis de 400.000, mentres os colleiteiros son 50.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DENUNCIA DISCIPLINARIA
Vecinos de Ourense piden expedientar a un técnico de Urbanismo por la discoteca Desorden
INGRESOS EN LOS HOGARES
El salario solo es el 46% de la renta de los gallegos, el mínimo histórico
AYUDAS FRENTE A LA CRISIS
Estas son las nuevas medidas del Gobierno: así te afecta la bajada del IVA y las ayudas energéticas