PARA LA COMARCA
Los ayuntamientos ahorrarán 1,7 millones en axuda no fogar
o ribeiro
A Ruta do Viño do Ribeiro, o Consello Regulador da Denominación e o Xeodestino Ribeiro–Carballiño, coa colaboración da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia, poñen en marcha novas rutas do ViñoBus para complementar a súa oferta enoturística durante o mes de setembro, coincidindo coa actividade da vendima, centradas na promoción dos recursos patrimoniais e da cultura do viño. Os itinerarios están centrados na temática da historia e comezarán o vindeiro sábado, día 14, ás 9,15 horas, cun autobús que partirá de Santiago para percorrer a pegada histórica que as ordes monacais. Nesta ruta, os visitantes terán a oportunidade de gozar da visita ao mosteiro de San Clodio e o Museo do Viño de Galicia, así como adegas socias da Ruta do Viño.
O día 21 de setembro, a temática xirará en torno á cultura castrexa, incluíndo visitas dende Vigo ao castro de Santa Lucía en Castrelo de Miño ou o castro de San Cibrao de Las, en San Amaro, ademais de coñecer tres adegas da zona. A última viaxe partirá de Ourense o día 28 de setembro, cun percorrido polo Esplendor dos Pazos, co obxectivo de descubrir as edificacións senlleiras de Pazos de Arenteiro, declarado conxunto histórico artístico, en Boborás, e visitar tres adegas da Ruta do Viño. Tódalas rutas disporán de servizo de guía turístico e o custe das viaxes é de 15 euros, e os billetes están á venta en ataquilla.com, ou nas sedes de Afundación de Santiago, Vigo e Ourense.
Na presentación desta iniciativa participaron o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente da Ruta do Viño do Ribeiro, Juan Manuel Casares; o presidente do Xeodestino Ribeiro – Carballiño, Francisco José Fernández; e a xefa territorial de Turismo e Cultura, Sandra Quintas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PARA LA COMARCA
Los ayuntamientos ahorrarán 1,7 millones en axuda no fogar
UN MARGEN PEATONAL
Reclaman más seguridad en el Camiño da Geira en Beade
MIL EUROS DE PREMIO
Cortegada celebra el 28 de febrero su Entroido
PROYECCIÓN NACIONAL E INTERNACIONAL
Un año histórico de Ribadavia al frente de la Red de Juderías
Lo último