AMPLIA RED DE SERVICIOS
Leiro y Carballeda rompen la sangría demográfica comarcal
A Irmandade Xurídica Galega congregou este mércores a máis de 60 persoas en Cortegada, procedentes de numerosos concellos, para conmemorar o 120 aniversario do nacemento do xurista e etnógrafo galeguista Fermín Bouza Brey e o centenario da Xeración Nós. O acto daba comenzo ao mediodía no cemiterio parroquial co descubremento dunha placa e as intervencións que iniciaba o presidente da entidade organizadora, Xoaquín Monteagudo, e pechaba o fillo do homenaxeado, José Luis Bouza, que falou de como o seu pai lle transmitiu a importancia de potenciar a cultura e a lingua galega.
Os asistentes desprazáronse seguidamente ata o auditorio da Casa do Concello de Cortegada, onde se completou o aforo. Presidiron o acto Xoaquín Monteagudo; Consuelo Castro, abogada xeral do Estado; Avelino Luis de Francisco, alcalde de Cortegada; Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense; e Celia Pereira, presidenta da Fundación Vicente Risco.
Avelino Luis de Francisco referiuse aos vínculos de Bouza Brey con Cortegada, onde descansan os seus restos, e que teñen que ver coa súa muller que pertence á familia Álvarez, de especial relevancia neste municipio.
Xoaquín Monteagudo facía un percorrido pola vida do homenaxeado, lembrando que era coñecido entre os estudantes da literatura galega pola súa poesía e pola Escola Neotrobadoresca Galega, ademais como investigador da biografía de Rosalía de Castro. Monteagudo tamén se refería a outras das súas facetas como a antropoloxía e, sobre todo, a de xurista pola súa profesión de maxistrado, que lle permitiu salvar a moita xente dos coñecidos como “paseos” dos falangistas. A súa persecución comezaba por ese motivo e tamén porque en 1931 escribía un artigo demandando ás administracións que incorporasen o bilingüismo, defendendo o uso do galego máis alá da literatura. O xurista foi expulsado finalmente a raíz dunhas conferencias en Buenos Aires durante as que se prescindiu da bandeira española.
Valentín García destacaba a importancia do uso do galego nos procesos xudiciais e instou aos concellos a utilizalo. Mentres, Miguel Ángel Santalices destacaba o papel que o xurista tivo na construción do galeguismo a comezos do século XX e na recuperación da prehistoria e historia de Galicia. Así mesmo, suliñou a súa contribución á modernización da lírica galega inspirada na métrica dos cancioneiros medievais.
Os representantes dos concellos e outras entidades asinaron a Declaración de Cortegada, na defensa do galego nos procesos xurídicos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AMPLIA RED DE SERVICIOS
Leiro y Carballeda rompen la sangría demográfica comarcal
PARA LA COMARCA
Los ayuntamientos ahorrarán 1,7 millones en axuda no fogar
UN MARGEN PEATONAL
Reclaman más seguridad en el Camiño da Geira en Beade
MIL EUROS DE PREMIO
Cortegada celebra el 28 de febrero su Entroido
Lo último