OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
O director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Roberto Pascual, manifestou que esta nova edición incidirá na internacionalización, coa presencia de compañías procedentes de diversos países Latinoamericanos, ademáis de Xapón, Alemania ou Portugal, entre outros.
Asemade, o director tamén resaltou os criterios de calidade que se están seguindo, tendo en conta que se celebran os 25 anos da mostra, na que con tal motivo participarán compañías que forman parte da historia de Ribadavia.
Desta maneira, o director xunto co concelleiro de Cultura, Anxo Collarte, anunciaron un incremento no número de espectáculos teatrais, que pasarán dos 24 do 2008 a un total de 35. Do mesmo xeito, o obxetivo inicial, según indicou Collarte, é de que o presuposto prácticamente se duplique alcanzando os 200.000 euros (na pasada edición foi de 120.000).
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia celebrarase entre os días 17 e 26 de julio. Roberto Pascual anuncia que haberá dous grandes espectáculos para a inauguración e clausura, aínda que de momento non quixo adiantar o nome das compañías, se ben dixo que o discurso de apertura correrá a cargo do escritor Manuel Rivas. Compañías de relevancia internacional estarán na inauguración e na clausura, van a ser espectáculos creados para a Mostra de Ribadavia, señalou Roberto Pascual.
Patrocinadores
Outro aspecto que resaltaron os organizadores ten que ver coa importante participación que se espera por parte de empresas privadas. Xa confirmou a colabora ción Caldelaria (empresa balnearia) ó mesmo tempo que se manteñen contactos con outras, e hai varias que entenden que a mostra é moi interesante para publicitarse, indicou Collarte, asegurando que o patrocinio privado vai a ser moi importante.
Por outra banda, nesta 25 edición contase co apoio da Secretaría xeral de Política Lingüística e coa Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais.
Unha máxima da mostra, según o seu director, é que ofrecerá espectáculos innovadores e rompedores, pero tamén outros nunha liña máis conservadora, para satisfacer o gusto de unha amplia maioría do público.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBRADOIRO RIBEIRO ECOSOSTENIBLE
Formación y empleo para 20 vecinos de la comarca de O Ribeiro
FACULTAD DE CIENCIAS EMPRESARIALES Y TURISMO
Estudiantes extranjeros descubren el enoturismo de la mano del Campus de Ourense
Xornal Escolar
Galería | Convivencia a través do xogo no Ribeiro
28 PARROQUIAS AFECTADAS
Alerta en O Ribeiro por la plaga de flavescencia dorada
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
POLÉMICA FIESTA
Sortean entradas para el tardeo en el jardín de As Burgas
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Zapatero y la moral socialista