Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Motores de combustión
Ela tiña un can na casa. Era un cadeliño pequeno, dos que son lonxevos, amorosos e pouco ruidosos. Era un pomerania ou un pequinés dos pequeniños, intelixente e de moito agrado para os pequenos da casa. Todos xogaban xuntos, durmían xuntos e comían da mesma comida, como se fosa a felicidade total, en compañía e con harmonía . Na cama, non. Ao can non lle permitían que se deitara no leito dos meniños e non o querían no seu. Tiña o seu propio espazo para a noite e para tódalas noites, e alí estaba o canciño agardando que volvese o día. Unhas veces rosmando, outras laiando e, en moitas ocasións, ladrando ou soñando.
O peor de todo foi cando durmía e veu un rato, dos moitos que había, e mordeuno nunha orella, deixándolle un furado de corte perfecto e chupándolle o sangue que vertía. Foi aglaiante, o cadelo ladraba desesperadamente, a ama choraba e o rato permanecía escondido no caixón, detrás do chocolate que compraran onte para facer a merenda de mañá. Era unha situación difícil, case incomprensible. Unha situación de medo, xa que aquel rato ou rata roedora podía meterse en calquera cama, na procura do cadelo.
Todo foi pasando, a orella recuperou a súa normalidade, cun pequeno sinal de guerra. O pequinés atopouse recuperado e, incluso, reconfortado ao ver que aquela rata era máis pequena do que el era. Todo seguía marchando, daquela maneira, naquel cuarto bastante sucio e con cheiro propio, con olor insoportable a camada de ratos. Como roedores que son, estes animais van en grupo, reprodúcense con enorme facilidade e rapidez, ata o punto de que unha soa rata medianamente coidada pode ter oitenta ou cen crías nun ano.
Agora ela, a que segue sendo dona do can e do gato, aínda que está acostumada ao cheiro dos ratos, quere librase deles, pero a súa conciencia non lle permite o mal trato aos animais. Ten que alimentar ao can, deixar comida para un gato acomodado e que dorme, de noite e de día, no edredón da súa cama; ten que traballar e mercar lácteos para as ratas parideiras, aguantar e calar. Debería escoitar á Tía Manuela, cando di que “o respecto aos animais e aos demais, empeza pola atención e aprecio aos iguais”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Motores de combustión
José Ángel Vázquez Barquero
Las cuentas de la longevidad
Jacinto Seara
Feliz Navidad
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIOS
Días de reflexión
Lo último
AL MENOS DOS SEMANAS
Parada de Sil y A Teixeira sin médico durante las navidades
UNA IMAGEN MEJORADA
La estación de autobuses luce sus últimas mejoras
CIRCUITO NACIONAL
O II Master a Lagoa de futbolín chega a Xinzo
REHABILITAR VILLAS HISTÓRICAS
Cinco locales de Vilas Vivas están en fase de adjudicación