Jacinto Seara
Feliz Navidad
Din os que máis saben que protocolo é un conxunto de regras de carácter cerimonial establecidas polos que mandan e organizan feitos, eventos, acontecementos de calquera tipo e, incluso, sucesos diferentes, comprometidos ou non. É como unha estratexia de comunicación que pode establecerse por decreto ou que vén do costume e que orienta con claridade cales son as secuencias coas que debes falar e calar. As organizacións, por pequenas que sexan, establecen plans de protocolo e contratan a expertos nesta ciencia para que todo saia ben e para, por se acaso, saber de quen é a culpa.
Obviamente, na maioría dos casos, o responsable da desfeita é o protocolo. Ou non estaba correctamente establecido, ou tiña que ser depurado coa colaboración doutros expertos, ou debía ser máis laxo, máis adaptado ao carácter do evento, menos ríxido e máis funcional. A culpa de moito malo, maioritariamente, é do protocolo ou de quen fai as funcións protocolarias, de calquera dos lectores, de calquera dos organizadores, de aqueles que traballan na posta en marcha dunha acción, dunha función ou dunha cea sen protocolo, sen relacións públicas, sen exceso de luminaria, sen alaridos e sen miradas por encima dos ombreiros.
Por certo, mirar por encima do ombro está mal visto, sae do tódolos protocolos e esquecese da normalidade como se fose un símbolo de mala educación. Dicía o moi ben a Tía Manuela, “se hai educación e formación, para a normalidade non fai falta outra cousa”. O amigo e magnífico columnista, José Castro publicaba un destes días un artigo que ben merece atención, “O protocolo da avoa”, que remataba seguíndolles a pista aos políticos, aos que a el lle gustan e aos que non lle gustan tanto.
A señora volvíase tola seguindo as regras para colocar na mesa aos fillos e noras, ás netas e aos netos políticos, aos sobriños de cerca e aos que viñan de lonxe coas súas parellas de homes ou de mulleres. Na súa mente non había sitio naquela mesa, nin prato nin cadeira para os gatos, os conexos e os cadelos. Agora, antes da próxima festa, deberá estudar as normas e buscar espazo para todos, procurando, con harmonía e concordia, unha familia grande, plural e unida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jacinto Seara
Feliz Navidad
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIOS
Días de reflexión
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Ahora toca formar gobierno
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
El milagro Zapatero
Lo último