Xabier R. Blanco
Apúntate a "Voxeo"
Se temos que enumerar os grades riscos do planeta, non teríamos espazo suficiente no caderno, non teríamos follas dabondo para as ameazas dos cambios e dos elementos que os provocan con tanta distorsión, que alteran e deforman o que consideramos como normal. Só o cambio climático é quen de desestabilizar o mundo. Moitos expertos falan del como a máis grande das ameazas para o medio ambiente, ás que terá que enfrontarse a humanidade, con suor, con dolor e paciencia, con tecnoloxía e saber, con rigorosidade e con normas.
O quentamento global ao que estamos sometidos ou nos someten, segundo os científicos, modifica o organismo de animais e, obviamente, das plantas. Aparecen nos dous casos problemas de fertilidade, cambian as proporcións dos corpos dos animais, modifican as súas estruturas e formas as plantas, vén o inverno a destempo, non hai verán nin diferencia entre estacións e chove cando quere. A sanidade non pode facer fronte a tanta gripe e os virus campan ás súas anchas polos corpos que os acollen con receo e sen remedio.
Tanto nos animais como nas plantas, hai poboacións que se desprazaron de lugar e outras que se quedan, como as anduriñas que xa non veñen anunciando o verán, que se quedan voandeiras, como as voandeiras do mar. Temos cerdeiras que dan dúas colleitas de cereixas, escallos con pugas e sen elas; temos sorpresas en calquera instante e resistencia a algúns cambios, quizais aos que menos mal fan. Temos un mundo revolto e unha enorme leira arada para que naza e medre a concordia, para amainar os ímpetos dos malvados e malvadas. A Tía Manuela tamén o dicía, "temos o que temos, o que nos deixan".
Os científicos andan na procura de solucións, pero a perversión fai ignorar os resultados e quen a exerce agranda o seu poder cada día. Un estudo científico do CSIC, publicado recentemente en Scientific Reports, indica que o quecemento do mar produce alteracións epixenéticas nos peixes. Pois, permítanme que deixe unha pregunta no aire: a quen favorece ese cambio climático que se está producindo por mor dese quentamento global? Dos nosos, obviamente, a ninguén. Ao mundo e á maioría dos vivos, tampouco. A natureza sofre con el, as paisaxes deterióranse e os corazóns dos humildes e das maiorías inocentes encóllense, seguramente, para sempre.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Toño Alfaro
FÚTBOL SALA FEMENINO
El Ourense Ontime, sin confianzas para recibir al Penya Esplugues
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 28 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este sábado, 28 de febrero, en Ourense
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Sábado, 28 de febrero