Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
Escribir de literatura e de música é unha verdadeira ledicia, é tan bonito como ler boa literatura, da nosa, e escoitar música boa, da nosa tamén. É un pracer enorme para os aldeáns coma min descubrir que un dos primeiros poetas da historia literaria de Galicia tamén procedía da aldea. Estámonos referindo a Martín de Padrozelos, aquel trobador que, segundo os investigadores Xulio Pardo de Neyra e Dulce Fernández Graña, deixou as primeiras cantigas coñecidas na lingua galega, nove son cantigas de amigo e unha, de amor.
Viviu a cabalo de dous séculos, dende finais do once ata principios do doce, e foise silandeiro, como procedía naquel momento. Detrás del quedaron varios séculos de silencio sen deixar ver o rastro, marcado con escritura medieval. Agora, os que o seguen van parar ás terras de Lóuzara, preto do Courel, no concello de Samos. Terras de poetas, escritores e xente de talento, terras montesías amparadas polos tesos cumes de Novoneyra, lambidas polo “bicarelo do bico do brelo”. Terras sollías e xabreiras, dun e do outro lado do río, ao carón de Portela e do Alto da Pedra, á vista do Pía Paxaro e do castro de Mouras.
Os investigadores traballaron e agora dan luz aos seu logros. Son contundentes: “o primeiro trobador da nosa historia literaria, Martín de Padrozelos, era Martín Pérez de Praducelo, da parroquia de San Xoán de Lóuzara”, onde perdura unha casa co seu nome. O cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o cancioneiro da Vaticana recollen dez das súas cantigas e fanlle saber a quen queira ler que “estamos diante dun extraordinario poeta”.
Agora, outro paso importante, os estudosos falaron e os seus falares recolleranse nun documental que subliña e salienta os andares da lírica de Martín de Pradozelos, un Trobador no Camiño. Ademais o grupo musical A Quenlla, con Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero) á cabeza, puxo música ás dez cantigas deste autor, para presentalas nun CD e axudar á recuperación e á valorización da literatura galega medieval. Adiante! Como dicía a Tía Manuela “para saber a onde imos, cómpre saber de onde vimos e quen somos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Lotería y Navidad... como antaño
Iván González Decabo
DIARIO LEGAL
El Supremo pone en la diana al préstamo familiar
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Locus amoenus, narrativa local trufada de literatura para una muestra de historia personal
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
El experimento de Minnesota
Lo último
MARTES 23 DE DICIEMBRE
La Estación de Montaña de Manzaneda reabre con limitaciones en vísperas de la Navidad