Tamara Balboa
TRIBUNA
Moito máis ca un ximnasio: Vilardevós ten viño, ganadeiría, servizos e futuro
TRIBUNA
Como alcaldesa de Vilardevós, considero necesario facer algunhas precisións sobre a información publicada o pasado 5 de outubro acerca do noso concello.
É certo que non dispoñemos de ximnasio, pero Vilardevós conta cunha importante actividade social, deportiva e cultural, na que teñen un papel fundamental as asociacións e colectivos locais, como “Entre Nós”, “Asanta Teranga” e “Portas Abertas”.
Tamén queremos poñer en valor a nosa actividade vitivinícola. Vilardevós conta con viñas dentro da Denominación de Orixe, entre elas a de maior extensión de Galicia, e está en construción a primeira adega do concello, en Berrande, con oito hectáreas en produción.
Como alcaldesa, creo que é importante transmitir unha visión real e completa de Vilardevós: un concello rural con actividade, servizos, iniciativas e, sobre todo, con persoas que traballan cada día polo seu futuro.
A nosa economía complétase con máis de vinte hectáreas de maceiras, un dos primeiros hortos solares de Galicia e numerosas empresas de construción, explotacións de porcino, avicultura, apicultura, vacún, ovino, cabrún e foie gras. En canto aos servizos, contamos con supermercados, comercio, bares, farmacia, panadarías, perruquerías, casas niño e establecementos tamén nas nosas aldeas.
O Centro Educativo Rodolfo Núñez Rodríguez presenta, ademais, un dos números de alumnado máis elevados dos últimos anos, un dato especialmente significativo para o futuro do municipio.
Como alcaldesa, creo que é importante transmitir unha visión real e completa de Vilardevós: un concello rural con actividade, servizos, iniciativas e, sobre todo, con persoas que traballan cada día polo seu futuro.
Desde o Concello convidamos cordialmente aos responsables de La Región a visitar Vilardevós e coñecer de primeira man todo o que o noso municipio ten que ofrecer.
Porque Vilardevós é moito máis ca un ximnasio: é un concello vivo, orgulloso do seu presente e comprometido co seu futuro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Tamara Balboa
TRIBUNA
Moito máis ca un ximnasio: Vilardevós ten viño, ganadeiría, servizos e futuro
Mariluz Villar
MUJERES
Mariposa de hierro
Editorial
EDITORIAL
El nuevo gran truco final de Pedro Sánchez
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Sobre el egoísmo de Pedro Sánchez
Lo último
VINÍCIUS EXPULSADO
El Madrid aguanta el tipo frente al Villareal (1-0)
ZONA VERDE
Azafrán, el oro que nace de una flor