Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Faltaría más
Grazas ás decididas xestións do poeta do Irixo Luís González Tosar e ao seu éxito recadando apoios políticos –ou sexa económicos e organizativos- para o Pen Club de Galicia que preside desde hai vinte e un anos, e grazas tamén, ás súas xestións perante os membros da asociación a nivel internacional, vaise celebrar unha xuntanza do Pen Club Internacional, de acabalo entre o mes de setembro e outubro deste ano, na cidade de Ourense. Como xa se sinalou nos medios en datas recentes, uns 250 escritores encherán os nosos hoteis eses días e asistirán ás sesións que se celebrarán baixo o fermoso e inspirador lema de "Erguendo pontes literarias" nesta cidade física de Ourense, complementaria da Auria literaria.
Nunca en Ourense, terra de escritores como ningunha outra terra de Galicia, houbo un acontecemento de tanta transcendencia ligado á cultura e literatura universal. Esta presenza entre nós de autores de todo o mundo e de moitas linguas é, sen dúbida, un motivo de orgullo para os cidadáns deste espazo tantas veces recreado literariamente, e de agradecemento aos promotores e patrocinadores.
O Pen Club é unha organización internacional de escritores, presente hoxe en máis de cen países, iniciada en 1920 en Londres, que fai xirar as súas actividades ao redor de dous eixos: celebrar a cultura e defender a liberdade. E sintetizan as súas intencións nunha carta que opera de ideario: a literatura non ten fronteiras e debe ser unha divisa común a xente de todo o mundo máis alá das cuestións políticas de cada momento; en todo momento, e especialmente nas guerras, as obras de arte e bibliotecas, o patrimonio cultural da humanidade debe quedar á marxe das paixóns políticas; os membros do PEN usarán sempre as súas influencias en favor do bo entendemento e concordia entre as nacións; defende o PEN a liberdade de transmisión de ideas dentro dunha nacións e entre as nacións; defende o pen a liberdade de prensa e oponse á censura e cre que o mundo debe camiñar cara a unha orde política e económica máis xusta, por iso se sente libre para criticar a gobernos ou organizacións ou institucións de calquera tipo. A súa presidenta actual, Jennifer Clement, nada en Estados Unidos vive desde nova en México, un país de moito traballo para estes principios: desde 2006 a hoxe levan asasinado a máis de 70 xornalistas de prensa gráfica.
En fin, creo que Ourense debe amosar a súa mellor cara antes estes embaixadores de luxo e, na medida do que sexa posible, que vexan que esta cidade, chamada con esaxeración nalgún momento "Atenas de Galicia", ama e quere a memoria dos seus escritores. Que durante o congreso vaian ser homenaxeados Eduardo Blanco Amor, José Ángel Valente e Carlos Casares é un bo síntoma e abre moitas posibilidades.
Lembremos, para rematar, que o primeiro presidente da sección galega deste Pen Club Internacional, entre 1990 e 1991, foi o tamén ourensán, de Allariz, e compañeiro habitual destas páxinas, Alfredo Conde.
Felicidades a todos, graciñas e que saia ben a cousa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Faltaría más
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 5 de febrero
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 5 de febrero
DECRETO DEL ESCUDO SOCIAL
Feijóo y la ley antidesahucios: “Es expropiar a un arrendador”