O camposanto da aldea de Pexeiroos está “que se cae”

Preocupación

A aldea de Pexeiroos atópase no Concello de Os Blancos, e forma parte da parroquia de Santa María de Guntín. O camposanto da Igrexa da localidade, está “que se cae”, segundo explican os veciños.

Xuntáronse máis de 20 veciños para denunciar a situación.
Xuntáronse máis de 20 veciños para denunciar a situación. | B.L.

O problema comezou o pasado mes de novembro, cando o muro exterior do camposanto, que da a carreteira de entrada á aldea, caeu, tirando parte dun nicho e deixando outro a medio caer.

Os veciños puxéronse en contacto tanto co Bispado coma con Patrimonio, dos que non obtiveron unha resposta clara. Dende Patrimonio confirman que este asunto expúxose na última reunión da subcomisión mixta da Xunta e da Igrexa, e que agora “está sendo analizada polos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural”.

Esta situación ten ós veciños “moi preocupados”, xa que nestes meses a situación do muro deteriorouse, e teñen medo de que se veña abaixo por completo, danando os panteóns e deixando a vista os nichos. “Calquera día vemos ó can paseando cun oso do defunto”, comentou Rosa, unha das veciñas.

Rosa, unha veciña, sinalando os nichos a piques de caer.
Rosa, unha veciña, sinalando os nichos a piques de caer. | B.L.

“É a entrada do pobo, pasamos cos coches, os nenos pasan na bicicleta, nós tamén paseamos por aquí a pé”, explicaron varias veciñas, “e os panteóns vanse vir abaixo, están as paredes todas abertas”.

Os veciños explican que “aí hai persoas que non levan tanto tempo enterradas”. “Se non chegan a ter as raíces das árbores”, inciden, “xa se houbese vido enteiro abaixo”. “Hoxe é fácil, é colocar catro pedras, pero o día que se veñan as dúas grandes o chao, van todas”.

O muro caído, cun nicho a piques de caer.
O muro caído, cun nicho a piques de caer. | B.L.

“Aquí faise unha comida popular e si ven o muro encima da xente, quen se fai responsable?”, pregúntanse os veciños, que o único que piden é o permiso para levantalo, “que o levantamos nós se fai falta, aínda que sexa o deber deles”, pero piden que, logo de case un ano, sexa o antes posible “para non ter que lamentarnos”.

Contenido patrocinado

stats