"CRUZANDO O MAR INTRANSITABLE"
A arte de Tony Lane conecta na cidade Nova Zelandia e Galicia
"CRUZANDO O MAR INTRANSITABLE"
O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación inaugurou onte venres a exposición “Cruzando o mar intransitable”, do artista neozelandés Tony Lane, nun acto presidido polo director da Área de Cultura, Marcos Vázquez. A mostra reúne 23 pinturas, moitas delas de gran formato, que convidan a reflexionar sobre o lugar do ser humano e da vida na natureza, a través dun diálogo entre paisaxes, culturas e experiencias de ambos os extremos do mundo.
Galicia ocupa un lugar destacado neste universo creativo. Lane, que alterna a súa residencia entre Auckland e a súa casa de Esposende (Cenlle), mantén unha estreita vinculación coa provincia. “Galicia ten unha profunda resonancia emocional para min, tanto na súa paisaxe como na súa historia”, explicou o pintor na inauguración.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último