As reservas sanguíneas dos grupos A+ e O+ xa están baixo mínimos
“Non esquezas doar"
ADOS advirte da necesidade de máis de 400 doazóns de sangue ao día. Ourense está tres puntos por riba da media galega
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) achegou na xornada de onte a campaña “Non esquezas doar antes de veranear” ata Ourense para sensibilizar á cidadanía galega da importancia do solidario xesto da doazón nos meses de verán. Os grupos sanguíneos A+ e 0+ atópanse na actualidade baixos, polo que solicita a colaboración solidaria da cidadanía.
Desde ADOS advirten de que os meses de verán son especialmente sensibles, xa que durante estas datas é máis difícil manter estable o volume de doazón de sangue, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á solidariedade á cidadanía por mor da deslocalización dos doantes habituais con motivo das vacacións. Lembran tamén que diariamente son necesarias entre 400 e 500 doazóns de sangue.
A cidade de Ourense obtivo 4.412 doazóns de sangue durante o 2024 cunha taxa de 42 doazóns por cada 1.000 habitantes, tres puntos por riba da media de Galicia, que tivo unha media de 39 por cada 1.000. Ante estes datos alcanzados, ADOS amosa o seu recoñecemento a toda a veciñanza pola súa participación e iniciativa para promover a doazón tanto no verán como no resto do ano. Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), nove de cada dez persoas van precisar unha transfusión de sangue ao longo da súa vida.
Apuntan tamén que calquera persoa entre 18 e 70 anos que pese máis de 50 quilos que conte con boa saúde e sen enfermidades crónicas ou graves, pode achegarse ás unidades móbiles de ADOS ou aos locais de doazón de sangue nas sete grandes cidades, onde serán atendidos por persoal sanitario especializado. En Ourense este local está situado no número 3 de Paz Nóvoa, aberto en horario de 8,00 horas a 15,00 horas. Os homes poden doar ata catro veces ao ano e as mulleres tres, deixando pasar entre doazón e doazón un mínimo de dous meses.
Para facilitar a participación nesta campaña, as unidades móbiles de ADOS realizarán 800 desprazamentos para achegar a doazón de sangue a cidades e vilas de toda Galicia, dende o 13 de xuño ao 15 de setembro. Así mesmo, a campaña leva a cabo un intenso labor informativo no que conta coa colaboración dos concellos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"MIEDO, ANGUSTIA Y DOLOR"
Entre la ilusión de los niños ourensanos y el estrés de los renos en trineo
Lo último
Jorge Vázquez
SENDA 001
Dejar de mirar el reloj para empezar a mirar el horizonte
ELECCIONES EN EXTREMADURA
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
40 AÑOS DE LA ADHESIÓN A LA UE
España y Portugal, un camino común
Carlos Risco
COSAS QUE CONVIENEN
Ahora que vamos a entrar en el invierno astronómico